1º PRIMARIA


Luns, 15 de xuño

Queridos nenos e nenas:

Xa chegou o fin de curso, e con el a última clase de música. Sempre o rematamos  con festa, cantando e bailando, e este non ía ser menos! Imos facelo a ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, coa divertida canción "A Sinfonía de Uxía". Veña, a mover o corpo con alegría!



Durante estes meses tivéstedes que facer un esforzo enorme, pero conseguístelo, sodes uns campións e unhas campionas! Dende aquela, son moitas as cousas que de seguro botaredes de menos; os amigos, o parque. o patio do colexio, as excursións... e tamén as apertas. 

Queredes que vos conte un segredo? Eu tamén botei moitas cousas en falta, pero sobre todo, boteinvos moito de menos a vós.

Conta a tradición que cando abrazamos de verdade gañamos un día máis de vida. Non sei se será certo pero, se así fose, quedarían moitas apertas por dar para recuperar todo este tempo. Eu mándovos unha morea delas, apertas que vos chegarán voando.

Oxalá que as vosas poidades repartilas todas neste fantástico verán que vos agarda!

 Vaia por diante esta canción "Apertas que voan" de Paco Nogeiras para agradecervos a vosa participación activa neste trimestre virtual.



                                          FELICES VACACIÓNS!



Luns, 8 de xuño

Esta semana imos facer un repaso da linguaxe musical. Comenzaremos cantando e bailando coa canción "El rock de las notas musicales". Veña, a mover o corpo con ritmo!




Lembra que para poder escribir as notas no pentagrama, ao principio del tiñamos que escribir a Clave de Sol. Pincha nas seguintes imaxes para repasar o pentagrama e practicar a facer a Clave de Sol.




Para rematar, fai clic na seguinte imaxe. Lembraraste de onde estaban colocadas as notas? Fai a seguinte ficha e cando remates pincha en "¡Terminado! e escribe o teu nome para enviarma.







Luns, 1 de xuño

Hoxe  imos repasar a clasificación dos instrumentos de percusión da nosa  aula, polo que a canción para empezar vai ser   "A canción da percusión" de Olga Brañas.





E a continuación, imos traballar no caderno dixital coas actividades interactivas.

Tedes que entrar na Unidade 5, e alí:

1º. Escoitar o conto musicado "O Mago de Oz" e despois, ordenar as viñetas. (Opcional)

2º. Realizar as dúas actividades de "Xogamos co ritmo", nas que repasaremos as duracións e asociacións rítmicas de negra, dúas corcheas e silencio de negra a través de ritmogramas; así como a discriminación auditiva de secuencias rítmicas e timbres instrumentais e corporais.

3º. Identificación de timbres de instrumentos utilizados na aula e a súa clasifinación nas tres familias de percusión: madeira, metal e parche (ou pel).


De seguido déixovos dous vídeos, o primeiro para repasar os instrumentos de percusión e o segundo, para repasar os tres grupos dentro da familia de percusión.





Luns, 25 de maio

A tarefa desta semana consistirá en construír un instrumento musical.

 Na páxina principal do blog déixovos varios videos dos que podedes coller ideas.

Despois de construír o voso instrumento facédelle unha foto e mandádema.

Ah! e gardade o instrumento para cando voltemos ao cole, porque  os clasificaremos por familias e faremos unha exposición con todos eles.

E para cantar e bailar hoxe déixovos unha canción moi divertidada sobre instrumentos musicais "A miña tía" de Mamá Cabra. Agardo que a desfrutedes!




Luns, 18 de maio

 Para ter un bo día... temos que empezalo con alegría! Hoxe  toca bailar e cantar coa canción "O Rock Pituso" de Olga Brañas.


E a continuación, imos tabrallar no caderno dixital coas actividades interactivas.

Tedes que entrar na Unidade 4, e alí:

1º. Escoitar o conto musicado "Carapuchiña Vermella" e despois, ordenar as viñetas. Se o facedes ben, ao final podedes escoitar a canción de Carapuchiña Vermella.

2º. Realizar a actividade de repaso das partes das figuras musicais: "A negra e as dúas corcheas".

3º. Identificación de secuencias rítmicas: "Xogamos co ritmo".

Se queredes podedes realizar os outros dous exercicios: En "Identificamos as voces de animais", repásase o timbre a través dos sons de animais; e en "Instrumentos de percusión", repásase o timbre dos instrumentos e a altura dos sons (grave-agudo).


Algunhas familias comentástesme que estabades a ter dificultades  para acceder ao caderno dixital, polo que vos deixo un titorial a continuación. Calquera cousiña que precisedes aquí estou. Un saúdo.





Luns, 10 de maio 

Entramos na Semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Ricardo Carvalho Calero.

Por iso, imos empezar a clase cantando e bailando ao ritmo da canción "Queremos galego" de Pablo Díaz.

  


Como tarefa de hoxe, tes que inventar unha coreografía para o retrouso desta canción. Lembra que o retrouso é a parte que

 se repite. Despois envíame o vídeo ao meu correo: lardeira78@gmail.com




A última proposta é a realización dunha ficha coa canción "A bruxa Maruxa":

1. Canta a canción seguindo o vídeo.

2. Tes que completar a letra do retrouso.

3. Canta e imita coa canción "La lechuza".

4. Despois propóñovos 4 sons ben coñecidos para adiviñar e debuxar.

5. Enviarme a ficha ao correo.


Nota: Por fin contamos xa coas licenzas de acceso ao caderno de actividades interactivas para poder entrar nas actividades do 20 de abril. Fágovolas chegar a través da titora. No documento explica como acceder, se tedes algún problema non dubidedes en preguntarme. Para a realización da actividade tedes que entrar na unidade 1.


Tamén vos deixo un vídeo explicativo para correxir a ficha- ritmograma "Cocorico":





 Luns, 27 de abril

  As propostas de hoxe son:

1. Escoitar e cantar o conto cantado "Cocorico".



2. Na seguinte ficha: Facer con palmas ou algún instrumento de percusión que teñades na casa o ritmo do retrouso da canción de "Cocorico". Despois, escribir con figuras musicais o ritmo debaixo dos debuxos.

 
https://drive.google.com/file/d/1LTRAIn4j5d9_6xsoWcuT7ZBXWon429V6/view?usp=sharing

 

NOTA: Se non tedes a posibilidade de imprimir, podedes copiarlle a  liña para que debuxen as figuras que correspondan aos debuxos, non vos esquezades de colocarlle as liñas divisorias (liñas verticais).

 

Aínda estou á espera de que me faciliten as licenzas para poder acceder aos exercicios da clase anterior, en canto o resolva xa volo comunico. Grazas ás familias que me informaron do erro. Desculpade as molestias.

 

3. Déixovos unha versión  de "Cocorico" en película para que a desfrutedes en familia.

 



  

 

 Luns, 20 de abril

Ola, nenos e nenas!

Que tal de vacacións? Cantástedes e bailástedes moito?

   

Hoxe propóñovos:

1. Cantar e bailar coa canción "Quérote máis" tantas veces como quieras!!

2. Despois fai un debuxo da persoa, persoas, mascota, cousa… á que lle adicarías esta canción. Seguro que che sae precioso!!

Se queres, podes pedirlle a papá ou a mamá que che axuden para enviarmo. Encantaríame!

 

 

3. Repasa os instrumentos de percusión. Primeiro identifica o seu son, a continuación podes colorear os instrumentos coas ferramentas online da parte inferior.

(Unidade 1:Instrumentos de percusión. Se queres podes entrar nas outras 3 actividades)

 

https://www.galinovaeditorial.com/actividad?idlibro=207

 

 

 Luns, 30 de marzo                                                                                

  Hoxe temos música!! Propóñovos catro cousiñas.                                    

 Agardo que as desfrutedes.                                                                           


1. Cantar con Migallas a "Canción dos dedos".                                                            





2. Escoitar o 1º movemento da "Primavera" de A. Vivaldi. Baile libre.                               




3. Un conto para traballar o 1º movemento da "Primavera  (A.Vivaldi)                                                                                                                                  



4. Facer un debuxo sobre a primaver e escribir nel: Antonio Vivaldi.


          Luns, 23 de marzo                                                                                                             

Veña!! Imos cantar e bailar con Cé Orquestra Pantasma!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario