3º PRIMARIA



Xoves, 18 de xuño

Queridos nenos e nenas:

Xa chegou o fin de curso, e con el a última clase de música. Sempre o rematamos  con festa, cantando e bailando, e este non ía ser menos! Imos facelo a ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, coa divertida canción "Sinfonía de Uxía". Veña, a mover o corpo con alegría!



Durante estes meses tivéstedes que facer un esforzo enorme, pero conseguístelo, sodes uns campións e unhas campionas! Dende aquela, son moitas as cousas que de seguro botaredes de menos; os amigos, o parque. o patio do colexio, as excursións... e tamén as apertas. 

Queredes que vos conte un segredo? Eu tamén botei moitas cousas en falta, pero sobre todo, boteinvos moito de menos a vós.

Conta a tradición que cando abrazamos de verdade gañamos un día máis de vida. Non sei se será certo pero, se así fose, quedarían moitas apertas por dar para recuperar todo este tempo. Eu mándovos unha morea delas, apertas que vos chegarán voando.

Oxalá que as vosas poidades repartilas todas neste fantástico verán que vos agarda. Vaia por diante esta canción "Apertas que voan"para agradecervos a vosa participación activa neste trimestre virtual. 



                                  FELICES VACACIÓNS!






Xoves, 11 de xuño

Esta semana imos facer un repaso da linguaxe musical. Comenzaremos cantando e bailando coa canción "El rock de las notas musicales". Veña, a mover o corpo con ritmo!


Lembra que para poder escribir as notas no pentagrama, ao principio del tiñamos que escribir a Clave de Sol. Pincha nas seguintes imaxes para repasar  e practicar a facer a Clave de Sol.


Para rematar, fai clic na seguinte imaxe. Lembraraste de onde estaban colocadas as notas? Fai a seguinte ficha: escoita e entoa a escala de Do, escribe o nome das notas e o valor das figuras rítmicas. Cando remates pincha en "¡Terminado! e escribe o teu nome para enviarma.






Xoves, 4 de xuño

Hoxe repasaremos a clasificación das familias  instrumentais: corda, vento e percusión. Imos empezar bailando e cantando coa canción "Xan e o Seu Acordeón" de Olga Brañas. Despois de escoitala... Serías quen de decirme a que familia pertence o acordeón?



Agora, presta atención ao seguinte vídeo sobre a clasificación dos instrumentos e as súas familias.



A  continuación tes tres pequenos vídeos, un sobre cada familia instrumental: corda, vento e percusión. Escoita como soan os seus instrumentos.





Por último, entra na seguinte imaxe e fai a ficha interactiva que che aparece. Cando remates escribe o teu nome e pincha en "TERMINADO!" para enviarmo.





Xoves, 28 de maio

A tarefa desta semana consistirá en construír un instrumento musical.

 Na páxina principal do blog déixovos varios videos dos que podedes coller ideas.

Despois de construír o voso instrumento facédelle unha foto e mandádema.

Ah! e gardade o instrumento para cando voltemos ao cole, porque os clasificaremos por familias e faremos unha exposición con todos eles.

E para cantar e bailar hoxe déixovos unha canción moi divertidada sobre instrumentos musicais "A miña tía" de Mamá Cabra. Agardo que a desfrutedes!




Xoves, 21 de maio

 Para ter un bo día... temos que empezalo con alegría! Hoxe  toca bailar e cantar coa canción "O Rock Pituso" de Olga Brañas.


 A continuación imos repasar a colocación no pentagrama das notas MI, FA, SOL e LA facendo este xogo nas formas "Ler", "Escribir" e "Escoitar":



Despois, debuxade nun folio ou caderno un PENTAGRAMA e colocade nel as seguintes notas (pedídelle a un adulto ou irmán maior que volas dite):

SOL- LA- RE- DO grave- SI- FA- RE- LA- MI- SI- RE- SOL- DO agudo- FA- LA- RE- SOL- DO grave- MI.

Non esquezas colocar a Clave de Sol ao principio. Se queres, practica a debuxala aquí:




Antes, podes repasar a colocación das notas con esta canción:




Xoves, 14 de maio

Entramos na Semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Ricardo Carvalho Calero.

Por iso, imos empezar a clase cantando e bailando ao ritmo da canción "Queremos galego" de Pablo Díaz. (Se non se visualiza aquí, telo na páxina de inicio do blog)



Como tarefa de hoxe, tes que inventar unha coreografía para o retrouso desta canción. Lembra que o retrouso é a parte que se repite. Despois envíame o vídeo ao meu correo: lardeira78@gmail.com



Para rematar, propóñovos un xogo para traballar a memoria de secuencias melódicas, "Simon Dice". Viranos xenial para memorizar cancións de frauta.




Xoves, 7 de maio

Ola, chicos e chicas!

A semana pasada estivemos repasando as figuras musicais,  hoxe imos  practicar con elas.

Apetécevos convertirvos en compositores e compositoras? Pois veña, a ver que obras máis chulas compoñedes!

Como tarefa de hoxe tedes que compoñer unha melodía  empregando figuras negras, corcheas e brancas

(tamén podedes empregar algún silencio de negra, lembrade que os silencios son moi importantes).  Cando rematedes

escoitade e gravade a canción, logo levade o ritmo con palmas. Tamén podes compoñela para tocala coa frauta. (Preme na imaxe que tes debaixo)

Non te esquezas de mandarme un pequeno vídeo da túa obra.


E para rematar, propóñovos bailar a ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona coa canción "Esto báilase así". Agardo que o desfrutedes.

                                                                                



Xoves,30 de abril

Hoxe imos traballar as figuras rítmicas.

1. Visualiza este vídeo sobre a negra, a branca e a redonda.

 

2. Practica este ritmo para repasar as figuras musicais: negra, silencio de negra e corcheas.


3. Acompaña con palmadas ou cun instrumento de percusión que teñas na casa a audición:

 "Na cova do Rei da Montaña, Peer Gynt".Edvard Grieg


4. Para rematar, reláxate e disfruta bailando esta coreografía.

 

  5. Non te esquezas de seguir practicando as cancións de frauta, e se aínda non o fixeches podes mandarme un vídeo do ben que o fas a: lardeira78@gmail.com Ánimo!

 

 

Xoves,23 de abril

Para celebrar o Día do Libro, imos ver un conto musical para orquestra contado por un narrador: "Pedro e o Lobo". Esta obra encargáronlla ao compositor ruso Sergei Prokofiev co obxectivo de ensinarlle aos nenos e ás nenas o timbre dalgúns instrumentos da orquestra.  Prokofiev para compoñela baseouse nun conto tradicional ruso. Escoita e mira con atención. Espero que che guste.     

Estiveches atento ou atenta? Saberías dicir a que animal representa cada instrumento? Compróbao no seguinte crucigrama.


                     Crucigrama sobre "Pedro e o Lobo".


Completa e colorea a seguinte ficha. Escribe ao lado a familia á que pertence cada instrumento.






Xoves, 16 de abril

 

  Ola, nenos e nenas!    Que tal de vacacións?  Practicastes algo coa frauta? Seguro que  

     cantastes e bailastes moito. A que si?

 

    Para  hoxe propóñovos:

    1. Escoitar e cantar esta canción tan pegadiza:"Quérote máis". 

    E por suposto   bailar! 

    Déixovola en versión karaoke; está en portugués  pero non ides ter problema.

    Animádesvos a inventarlle unha coreografía e mandarma?  Encantaríame!!

        


       
       
                     2. Tocar coa frauta a seguinte canción:

                    
http://paolaoliva.wix.com/son-de-jazz

OLLO!: Na partitura aparece unha branca con puntiño: o seu valor son  tres   pulsos.



3. Repasar con este xogo os instrumentos de corda.                           

https://aprendomusica.com/const2/25memorycuerda/memorycuerda.html

 

 

 

      Xoves, 2 de abril   

                 
             Esta é a proposta para esta semana:

             1. Escoitar, cantar e bailar a canción: "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras.

                                 

           
                2. Facer exercicios de ritmo con negras, corcheas e silecios de negra.
            
        
https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html



             3. Repasar a canción de frauta da clase anterior. 
                 Podedes mandarme ao correo a que elexistes e comentarme que tal ides.

 

Xoves, 26 de marzo                                                                               

                       Nesta páxina tedes moitas cancións para practicar coa frauta, 
                        a maioría coas notas Si, La e Sol.





Musicograma da "Primavera" de Vivaldi. 




                          Despois de escoitar a audición buscade información do autor; de onde  

                          era, que instrumento tocaba, de que obra forma parte a "Primavera", así

                          como     outras obras importantes.



Luns, 23 de marzo                                                                                    


Veña!! Imos cantar e bailar con Cé Orquestra Pantasma!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario