INFANTIL 4 ANOS


Venres, 5 de xuño

Hoxe  imos repasar os  instrumentos de percusión da nosa  aula, e aprenderemos a clasificalos por familias.





 E para rematar, cantaremos e bailaremos con  "A canción da percusión" de Olga Brañas.







Venres, 29 de maio

A tarefa desta semana consistirá en construír un instrumento musical.

 Na páxina principal do blog déixovos varios videos dos que podedes coller ideas.

Despois de construír o voso instrumento pedídelle a mamá e papá que lle saquen unha foto e mandádesma.

Ah! e gardade o instrumento para cando voltemos ao cole, porque  os clasificaremos por familias e faremos unha exposición con todos eles.

E para cantar e bailar hoxe déixovos unha canción moi divertida sobre instrumentos musicais "A miña tía" de Mamá Cabra. Agardo que a desfrutedes!





Venres, 22 de maio

Bo día nenos e nenas!

Hoxe imos xogar ás adiviñas de cancións.

Espero que vos guste! Unha aperta grande.





Venres, 15 de maio

Bo día! Estamos na Semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Ricardo Carvalho Calero.

Por iso, imos empezar a clase cantando e bailando ao ritmo da canción "Queremos galego" de Pablo Díaz.

                                                                                                                

Facer baile libre nas estrofas e repetir sempre a mesma coreografía no retrouso (por exemplo, facer os xestos alusivos a "terra"= sinalar coas dúas mans cara o chan, "ceo"= sinalar coas dúas man cara arriba, "beira do mar"= indicar coas mans cara adiante, e "xa" = dedo indice sinalando cara adiante; ou outros que se vos ocorran). Podedes envíarme o vídeo a: lardeira78@gmail.com


Logo de tanto movemento, imos voltar á calma co conto-canción "A bruxa Maruxa". Despois facer un debuxo da bruxa Maruxa. A ver que bruxiñas máis bonitas debuxades!



Agardo que desfrutedes coas propostas. Na páxina de inicio tedes máis cancións para cantar e bailar en galego. Feliz día das Letras! Unha forte aperta para todos os nenos e nenas.




Venres, 8 de maio                                                                                                                                                                            

Bo día nenos, nenas e familias!

Hoxe imos empezar as propostas recordando unha canción que traballamos na aula: "O mercado" (para elas e eles, é a da formiguiña).  Gustáballes moito, a ver se a lembran.

Teñen que ir tocando as diferentes partes do corpo que se nombran e facer o xesto de subir a formiguiña.



A segunda proposta é unha canción-xogo de entrenamento rítmico; "Bim Bum" para realizar con percusións corporais.

Se non lle saen os chasquidos dos dedos,  substituímolo por un lixeiro toque da cabeza coas xemas dos dedos.

 A velocidade do tempo vai aumentando, se chegamos ao final, estupendo, e se non, non pasa nada! O importante é desfrutar acompañando a canción.



Se queredes, podedes facerlles unha pequena gravación e enviarma.





Venres, 24 de abril

Onte celebrouse o día do libro, polo que as propostas de hoxe van ser as seguintes:


1. Cantar e bailar coa canción "O libro máxico" de Migallas.





2. Practicar, con palmas ou algún instrumento de percusión que teñades na casa, o ritmo de palmas que soa no retrouso da canción "O libro máxico".(O ritmo repítese 8 veces)



3.Déixovos tamén un conto cantado para que desfrutes en familia.





Venres, 17 de abril

Bo día nenos e nenas!

Queredes cantar conmigo? Pois aquí vos deixo este vídeo. 

Espero que vos guste!

 

                                            


  

Canta e baila coa canción "Quérote máis" tantas veces como quieras!!

 Despois fai un debuxo da persoa, persoas, mascota, cousa… á 

que lle adicarías esta canción. Seguro que che sae precioso!!


Se queres, podes pedirlle a papá ou a mamá que che axuden 

para enviarmo. Encantaríame!


        




Venres, 3 de abril                                                                                   

Para hoxe propóñovos tres cousiñas que espero desfrutedes con eles :                                                                                                           

  1. Cantar e percutir con alguén esta bonita   canción africana: "Kokoleoco"                                                                 

 



2. Poñerlle un trociño deste video da "Primavera" de A. Vivaldi.                      

                      A ver se a recoñecen.                             




3. Rematamos escoitando a "Marcha Turca" de Beethoven. 

Bailar libremente e relaxarse!



Venres, 27 de marzo                                                                                  

"Canción dos dedos" de Migallas.




Conto para traballar o 1º movemento da "Primavera" de Vivaldi.





Facer un debuxo sobre a primavera e escribir nel: Antonio Vivaldi.





Luns, 23 de marzo                                                                                                                                                                                 

     Que mellor que comenzar a semana cantando e bailando!!                     
Déixovos con Cé Orquestra Pantasma. Agardo que o desfrutedes.    


No hay comentarios:

Publicar un comentario