2º PRIMARIA

 

Luns, 15 de xuño

Queridos nenos e nenas:

Xa chegou o fin de curso, e con el a última clase de música. Sempre o rematamos  con festa, cantando e bailando, e este non ía ser menos! Imos facelo a ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, coa divertida canción "A Sinfonía de Uxía". Veña, a mover o corpo con alegría!




Durante estes meses tivéstedes que facer un esforzo enorme, pero conseguístelo, sodes uns campións e unhas campionas! Dende aquela, son moitas as cousas que de seguro botaredes de menos; os amigos, o parque. o patio do colexio, as excursións... e tamén as apertas. 

Queredes que vos conte un segredo? Eu tamén botei moitas cousas en falta, pero sobre todo, boteinvos moito de menos a vós.

Conta a tradición que cando abrazamos de verdade gañamos un día máis de vida. Non sei se será certo pero, se así fose, quedarían moitas apertas por dar para recuperar todo este tempo. Eu mándovos unha morea delas, apertas que vos chegarán voando.

Oxalá que as vosas poidades repartilas todas neste fantástico verán que vos agarda- Vaia por diante esta canción "Apertas que voan", para agradecervos a vosa participación activa neste trimestre virtual.


                                   

                                      FELICES VACACIÓNS!




Luns, 8 de xuño

Esta semana imos facer un repaso da linguaxe musical. Comenzaremos cantando e bailando coa canción "El rock de las notas musicales". Veña, a mover o corpo con ritmo!




Lembra que para poder escribir as notas no pentagrama, ao principio del tiñamos que escribir a Clave de Sol. Pincha nas seguintes imaxes para repasar o pentagrama e practicar a facer a Clave de Sol.

       



Para rematar, fai clic na seguinte imaxe. Lembraraste de onde estaban colocadas as notas? Fai a seguinte ficha e cando remates pincha en "¡Terminado! e escribe o teu nome para enviarma.





Luns, 1 de xuño

Hoxe repasaremos a clasificación das familias  instrumentais: corda, vento e percusión. Imos empezar bailando e cantando coa canción "Xan e o Seu Acordeón" de Olga Brañas. Despois de escoitala... Serías quen de decirme a que familia pertence o acordeón?



 Agora, presta atención ao seguinte vídeo sobre a clasificación dos instrumentos e as súas familias.




 A  continuación tes tres pequenos vídeos, un sobre cada familia instrumental: corda, vento e percusión. Escoita como soan os seus instrumentos.






 E para rematar, imos tabrallar no caderno dixital coas actividades interactivas.

Tedes que entrar na Unidade 8, na actividade "Instrumentos musicais". Conseguirás adiviñar cal é o instrumento que soa?



Por último, tes que coller un folio e dividilo en tres partes. En cada unha delas escribirás o nome de cada unha das tres familias instrumentais e debaixo, deberás debuxar un instrumento de cada familia e poñerlle o nome.  Cando remates,  envíamo ao meu correo para que poida ver o ben que o fixeches.




Luns, 25 de maio

A tarefa desta semana consistirá en construír un instrumento musical.

 Na páxina principal do blog déixovos varios videos dos que podedes coller ideas.

Despois de construír o voso instrumento facédelle unha foto e mandádema.

Ah! e gardade o instrumento para cando voltemos ao cole, porque os clasificaremos por familias e faremos unha exposición con todos eles.

E para cantar e bailar hoxe déixovos unha canción moi divertidada sobre instrumentos musicais "A miña tía" de Mamá Cabra. Agardo que a desfrutedes!




Luns, 18 de maio

 Para ter un bo día... temos que empezalo con alegría! Hoxe  toca bailar e cantar coa canción "O Rock Pituso" de Olga Brañas.


Hoxe imos tabrallar no caderno dixital coas actividades interactivas.

Tedes que entrar:

1º. Na Unidade 2, e alí:

a) Escoitar o conto musicado "O bosque encantado" e ordenar as viñetas. Se consegues colocalas ben, ao final poderás escoitar a canción do Xigante Seisdedos.

b) Repasar a colocación no pentagrama das notas Mi, Sol e La. Despois de acertar cada motivo, podes entoalo e facer o ritmo con palmas.

   OLLO!: Lembra que no exercicio de repaso de notas, cada vez que coloques as figuras de negra  ou corcheas no pentagrama   enriba do nome da nota, tes que pinchar en comprobar para poder pasar á seguinte nota.


2º. Na Unidade 1: "Os instrumentos de percusión", onde repasaredes as familias dos instrumentos de percusión.


Calquera cousiña, non dubidedes en contactar conmigo. Un saúdo.


Algunhas familias comentástesme que estabades a ter dificultades  para acceder ao caderno dixital, polo que vos deixo un titorial a continuación. Calquera cousiña que precisedes aquí estou. Un saúdo.




Luns, 10 de maio

Entramos na Semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Ricardo Carvalho Calero.

Por iso, imos empezar a clase cantando e bailando ao ritmo da canción "Queremos galego" de Pablo Díaz.

Como tarefa de hoxe, tes que inventar unha coreografía para o retrouso desta canción. Lembra que o retrouso é a parte que se repite. Despois envíame o vídeo ao meu correo: lardeira78@gmail.com


A última proposta é a realización dunha ficha coa canción "A bruxa Maruxa":

1. Canta a canción seguindo o vídeo.

2. Tes que completar a letra do retrouso.

3. Canta e imita coa canción "La lechuza".

4. Despois propóñovos 4 sons ben coñecidos para adiviñar e debuxar.

5. Enviarme a ficha ao correo.


Nota: Por fin contamos xa coas licenzas de acceso ao caderno de actividades interactivas para poder entrar nas actividades do 20 de abril. Fágovolas chegar a través da titora. No documento explica como acceder, se tedes algún problema non dubidedes en preguntarme. Para a realización da actividade tedes que entrar na unidade 1.


Tamén vos deixo un vídeo explicativo para correxir a ficha- ritmograma "Cocorico":





Luns, 27 de abril

  As propostas de hoxe son:

1. Escoitar e cantar o conto cantado "Cocorico".

                    

 

2. Na seguinte ficha: 

a) Facer con palmas ou algún instrumento de percusión que teñades na casa o ritmo do retrouso da canción de "Cocorico". 

b) Escribir con figuras musicais o ritmo debaixo dos debuxos.

c) Colocar os pulsos debaixo do ritmo.

 

https://drive.google.com/file/d/1LTRAIn4j5d9_6xsoWcuT7ZBXWon429V6/view?usp=sharing

 

NOTA: Se non tedes a posibilidade de imprimir, podedes copiarlle a  liña para que debuxen as figuras que correspondan aos debuxos, non vos esquezades de colocarlle as liñas divisorias (liñas verticais).

 

Aínda estou á espera de que me faciliten as licenzas para poder acceder aos exercicios da clase anterior, en canto o resolva xa volo comunico. Grazas ás familias que me informaron do erro. Desculpade as molestias.

 

 

3. Déixovos unha versión  de "Cocorico" en película para que a desfrutedes en familia.

 


 

 

 

 

Luns, 20 de abril

  Ola, nenos e nenas!

    Que tal de vacacións?  Seguro que  cantastes e bailastes moito. A que si?

 

    Para  hoxe propóñovos:

    1. Escoitar, cantar e bailar esta canción tan pegadiza:"Quérote máis".

    Déixovola en versión karaoke; está en portugués  pero non ides ter problema.

    Animádesvos a inventarlle unha coreografía e mandarma?  Encantaríame!!

  2. Despois fai un debuxo da persoa, persoas, mascota, cousa… á que lle adicarías  

    esta canción. Seguro que che sae precioso!!

 

  3. Repasar as notas musicais (MI,SOL,LA).  (Unidade1. Se queres podes entrar nos outros 3 exercicios)                                                                                                              

   OLLO!: No último exercicio de repaso de notas, cada vez que coloques a figura de negra no pentagrama   enriba do nome da nota, tes que pinchar en comprobar para poder pasar á seguinte nota.

         
https://www.galinovaeditorial.com/actividad?idlibro=211

 

 

 

Luns, 30 de marzo                                                                         

               Estas son as propostas para a sesión desta semana:
               
                1. Escoitar o 1º movemento da "Primavera" de Antonio Vivaldi. Baile libre.



                2. Conto para traballar o 1º movemento da "Primavera" de Antonio Vivaldi.
                                            


                3. Buscar información: de onde era o autor (poden situalo nun mapa), que 

                   instrumento tocaba e a que obra pertence a "Primavera". 

                4.Facer un debuxo da primavera.
       
                5. Escoitar, cantar e bailar este rock infantil: " La primavera ya llegó"
                                        



Xoves, 26 de marzo                                                                        

                        Imos desfrutar en familia con Uxía Lambona e a banda molona!:
                                                             "Esto báilase así"

Luns, 23 de marzo                                                                        


Que mellor ca comenzar a semana cantando e bailando!! 
Imos facelo con Cé Orquestra Pantasma!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario