Despois dunhas vacacións tan atípicas, xa estamos de volta!
A partires de agora fareivos a proposta das tarefas a través deste medio, polo que cada día que aos cativos e cativas lles toque música no seu horario de clase, teredes que visitar o blog e entrar no curso correspondente ( no lateral dereito, na versión web; e despregando a páxina principal, na versión móbil); coa excepción do alumnado de 5º e 6º de primaria, co que a principal vía de comunicación seguirá sendo a plataforma E-Dixgal.
É imposible substituir as situacións de relación, colaboración, cooperación e emoción que se xeneran na aula de música e que sen dúbida, son as máis importantes. Pero xa que a música "é a arte máis directa, entra polo oído e chega ao corazón", compartídea en familia e empregádea como medio para sorrir e disfrutar, eso é o realmente importante e necesario.
Nenos e nenas; eu teño moitas ganas de vervos, de que cantemos xuntos, bailemos e toquemos; pero ata que ese día chegue asomarémonos a esta fiestra e dalgún xeito, sentireivos ao outro lado.
Podedes comentarme o que estades a facer musicalmente ou poñervos en contacto conmigo para o que precisedes no enderezo: lardeira78@gmail.com

Grazas polo voso esforzo.
Ánimo, xa falta menos!
A profe Rosa Mari.
No hay comentarios:
Publicar un comentario